Campamento concilia Verán 2022 | Concello de Boiro

A Concellería de Educación do Concello de Boiro leva a cabo unha nova edición do Campamento concilia de Verán 2022 destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. 

Esta actividade ten como finalidade facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre ás crianzas participantes. 

O desenvolvemento das actividades do campamento está basado en técnicas de intervención participativas e activas, nas que se fomentará a creatividade e os valores de respecto e solidariedad con enfoques non sexistas. 

Consulta as bases de participación aqui

 

Publicado listado de admitidos nos campamento de verán: 

- Boiro (CEIP Santa Baia)

- Cabo de Cruz (Centro Social de Cabo de Cruz)

- Abanqueiro (CEIP Abanqueiro)

Publicada a corrección de erros, que pode consultarse aqui

 

Para formalizar a matricula é preciso pagar as correspondentes taxas (descarga aqui os pasos para realizar a autoliquidación), e entregar o exemplar de pago na Casa da Cultura de Boiro ou no Centro Social de Cabo de Cruz. 

 

Prazo e presentación de solicitudes

Do 1 ao 10 de xuño no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Calendario: o Campamento concilia de Verán 2022 desenvolverase entre o 4 de xullo e o 30 de agosto agás sábados, domingos e festivos. 

Lugar: as actividades do campamento de verán terán lugar nas seguintes instalacións (a escoller unha): 

  • CEIP Santa Baia de Boiro (150 prazas)
  • CEIP Abanqueiro (30 prazas) 
  • Centro Social de Cabo de Cruz (25 prazas) 

Horarios (a escoller un): 

  • de 8.00 a 14.00 horas 
  • de 10.00 a 14.00 horas 

Tarifas

100 euros/ mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas 

90 euros/mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas 

*desconto do 50% por dous ou máis irmáns e do 80% para persoas de exclusión social. 

Criterios de selección

  • Primará a asistencia de dous meses sobre un
  • Orde de entrada da solicitude no Rexistro
  • Estar empadroados no Concello de Boiro
  • Ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais 

 

|