Belén Municipal 2021 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conta un ano máis co Belén Municipal de Nadal, elaborado polo maquetista Carlos Nieto, que comezou a realizarse no ano 2014 e que na actualidade conta con tres dioramas que representan tres escenarios distintos: "Pedindo pousada", "Nacemento" e "Fuxida a Exipto". 

Toda a maqueta está elaborada de maneira artesanal por Calos Nieto. As figuriñas que o compoñen, que están feitas e pintadas a man, encargadas en exclusiva para este belén. 

O belén pode visitarse no local anexo do Mercado Municipal no seguinte horario: 

Luns a venres: de 17.00 a 21.00 horas

Sábados, domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 horas 

                                                   de 17.00 a 21.00 horas

24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 horas

                                    de 17.00 a 19.00 horas 

|