Festival Turbina
O departamento de Cultura do Concello de Boiro promove o proxecto Turbina, que tivo como finalidade constituír un grupo de mozos e mozas voluntarios e do cal xurdiu a organización do Festival Turbina.
Unha actividade con obradoiros, actividades e concertos deseñada pola mocidade e pensada para a mocidade.
O festival Turbina vai ter lugar o vindeiro martes día 10 de agosto no Parque da Cachada, con capacidade limitada para participar nas actividades e actuacións.
Entradas para todo o día AQUI
Programa de actividades na pista central de A Cachada:
The Cuncas
de 11.00 a 12.30 horas
Xincana e batalla holi con Las hijas de ZP
de 12.30 a 15.00 horas
DJ Alvaro M
de 16.00 a 17.15 horas
A Costa Nosa
de 17.30 a 19.45 horas
Micro aberto
de 19.45 a 20.30 horas
Astray
de 20.45 a 21.45 horas
Copa Turbo
de 22.30 a 23.00 horas
Obradoiros nas pistas de skate (A Boqueira de A Negral):
"Skate" de 16.00 a 16.45 e de 16.45 a 17.30 horas
"Danza urbana" de 16.00 a 16.45 e de 16.45 a 17.30 horas
Tie Dye de 16.00 a 17.30 horas