Intercambios lingüísticos | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través da área de Política Lingüística, organiza uns intercambios lingüísticos para facer grupos de debate en distintas linguas e poder compartir a lingua e a cultura dos distintos países.
A proposta xorde dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que buscan aprender galego e español ademais de compartir a súa lingua con aqueles que desexan reforzar, practicar ou aprender outros idiomas.
Os distintos grupos reuniranse luns e martes e aínda hai prazas dispoñibles para aquelas persoas que queiran participar.
Máis información
Casa da Cultura de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.