XVI Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz- Boiro
Boiro recupera a Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz cun programa de actividades para celebrar a súa 16ª edición os días 16, 17 e 18 de agosto.
O principal obxectivo desta cita é potenciar o mexillón das rías galegas, buscando levar máis lonxe un produto moi habitual na dieta dos galegos e galegas, sumado ao alto número de postos de traballo directos e indirectos que xera na comunidade autónoma.
PROGRAMA:
Venres 16 de agosto
19.30h - charla "Análise da situación das rías galegas" con Uxío Labarta no local de usos múltiples do Mercado Municipal
19.30h - charla "Análise da situación das rías galegas" con Uxío Labarta no local de usos múltiples do Mercado Municipal
21.00h - ruta de tapas de mexillón
Sábado 17 de agosto
19.30h - concurso de receitas e taller para rapaces: Ciencia Divertida
20.30h - showcooking a cargo de Miguel Mosteiro
21.30h - degustación de paella e mexillóns ao vapor
22.00h - actuación do grupo "A banda da Balbina"
Domingo 18 de agosto
12.00h - regatas da Liga Galega de Traíñas
12.30h - inauguración da exaltación e degustación do mexillón nas distintas elaboracións
13.30h - actuación do grupo "Ar de Loureda"