XVIII Exposición da Camelia Sasanqua e outras | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra os días 17 e 18 de decembro a XVIII edición da Exposición da Camelia Sasanqua e outras, que terá lugar no Pazo de Goiáns. 

A mostra contará con preto de 40 expositores de Galicia e tamén Asturias. Na mostra haberá unha exposición de láminas de Manuel Hermida. 

A exposición comezará o sábado ás 17.00 horas coa plantación dun exemplar de Sasanqua da finca Chazo de Begoña Franco e seguidamente farase unha presentación do proxecto paisaxístico xardíns do Pazo de Goiáns realizado por Rafael Ovalle. 

 

Horario da mostra

Sábado 17 

17.00 a 20.30 horas 

Domingo 18 

11.00 a 14.00 horas 

17.00 a 20.30 horas 

|