Proceso selectivo: monitores/as de activiades de tempo libre 2024
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de monitores/as de actividades de tempo libre.
O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre.
A categoría profesional será a de subgrupo C2 e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións e ausencias ou reforzos.
O BOP núm. 82 do 26 de abril de 2024 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar AQUI.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e convocatoria de exame (03/06/2024), que se pode consultar aqui.
Corrección de erros na relación de persoas admitidas (04/06/2024), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais dos exercicios da oposición (19/06/2024), que se pode consultar aqui.
Corrección de erros e puntuacións provisonais (19/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais da fase de oposición (19/06/2024), que se poden consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e proposta de bolsa de emprego (28/06/2024), que se pode consultar aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Requisitos das persoas canidatas
As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos establecidos no texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público:
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do posto de ningunha administración pública.
Ademais, deberán cumprir unha serie de requisitos específicos como estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de monitor/a:
- Titulo de monitor ou monitora de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- Certificado de profesionalidade de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
- Título do sistema educativo que inclúa de forma completa a cualificación profesional de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
Funcións do posto
- Detectar as necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas.
- Animar, dinamizar e facilitar o desenvolvemento dun grupo de persoas.
- Deseñar, dirixir e executar un taller.
- Localizar recursos para o desenvolvemento de actividades.
- Participar nun proxecto de animación xeral, responsabilizándose das tarefas específicas que lle sexan encomendadas.