Proceso selectivo: director/a de actividades de tempo libre

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de directores/as de actividades de tempo libre. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada en cada caso. 

O BOP núm. 112 do 14 de xuño de 2023 publica a convocatoria, que se pode consultar aqui

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos (22/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos e excluídos (28/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui

 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar a instancia de solicitude e documentación no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases (14/06/2023). 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Titulación: estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

- Ter cumpridos os 18 anso de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de director/a: 

  • título de director/a de actividades de educación no tempo libre e xuvenil. 
  • certificado de profesionalidade de dirección e coordinación de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil. 
  • título do sistema educativo que inclúa de forma completa cualificación profesional de dirección e coordinación de actividade de educación no tempo libre. 

 

 

 

 

 

|