Proceso selectivo: socorristas
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe de contratación persoal laboral temporal de socorrista acuático en espazos naturais.
O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo vanse formalizar baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O número máximo de candidatos/as é de 50.
As bases e anuncio da convocatoria publicase no Boletín Oficial da Provincia núm.108 do xoves 10 de xuño de 2021.
Relación provisional de admitidos/as no proceso, que pode consultarse aqui.
Relación definitiva de admitidos/as no proceso, que pode consultarse aqui.
Puntuacións provisionais do proceso, que poden consultarse aqui.
Presentación de solicitudes
As persoas candidatas deben presentar o modelo de instancia que se inclúe como ANEXO na sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0) ou no rexistro xeral, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo
- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria
- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.