Bolsas formación | Concello de Boiro

O Concello de Boiro oferta bolsas de formación para o emprego en educación social, recursos humanos e turismo a través da modalidade de Beca FEUGA. 

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a formación e aumentar a empregabilidade no municipio, ofrecer unha experiencia profesional aos estudantes universitarios e poñer en valor as súas ideas participando en proxectos. 

 

Áreas de formación

- Unha bolsa en Educación Social (2 meses)

- Unha bolsa en Persoal e Recursos Humanos (2 meses)

- Unha bolsa en Turismo (2 meses) 

 

Requisitos das persoas solicitantes

- Grado universitario nos últimos tres anos

- Ser menor de 31 anos 

- Estar inscrito no Servizo Público de Emprego

 

Inscricións

web FEUGA 
 
https://www.feuga.es/becas/ 
|