Cursos de salvamento e socorrismo acuático
A Deputación Provincial da Coruña promove un curso de salvamento e socorrismo acuático en espazos acuáticos naturais e instalacións deportivas.
A formación está dirixida a mozos e mozas, en situación de desemprego, maiores de 18 anos.
Formación
As accións formativas son acreditadas, polo que se expedirán os correspondentes certificados de profesionalidade nivel 2 logo de cumprir os requisitos previstos no itinerario de salvamento e socorrismo acuático.
Vanse inpartir os seguintes certificados de profesionalidade:
AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teorica e 80 formación práctica)
Formación complementaria: manexo de desfibrilador semiautomatico (DESA).
Formación transversal: inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero.
Lugar e data da formación
A formación teorico-práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade da Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias dos concellos da provincia.
Primeiro realizarase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro. Logo da tempada de praias, previsiblemente a mediados de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Inscricións
Ata o mercores 3 de febreiro.
Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 09
Documentación a presentar
Descarga o anexo de documentación dixitalizada que ten que acompañar ao envío do formulario de inscrición.
Mais información
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.