Obradoiro de Emprego de Hostalería Boiro II

O concello de Boiro recibe resolución de concesión dunha subvención a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do proxecto “OBRADOIRO DE EMPREGO DE HOSTALERÍA BOIRO II”.

Son beneficiarias do proxecto as persoas mozas (18 a 30 anos) inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co fin de mellorar a súa empregabilidade, a cualificación e a inserción laboral.

 

As persoas mozas que teñan interese en participar no obradoiro de emprego como alumnos-traballadores teñen que achegarse á Oficina de Emprego a inscribirse como demandantes de emprego e solicitar o taller de emprego.

O persoal directivo, docente e de apoio a contratar será mediante formulación de oferta ao Servizo Público de Emprego (Oficina de Emprego de Boiro), polo que se pon en coñecemento dos posibles interesados.

Máis información:   Departamento de Emprego do concello de Boiro

                             Telf. 981842609

                             Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

emprego

|