Solicitude para a instalación de terrazas na vía pública para o ano 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude para a instalación de terrazas na vía pública para o ano 2026. A solicitude debe presentarse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, a través da sede electrónica do Concello de Boiro. As autorizacións terán vixencia para o ano natural e deberán renovarse cada ano. 

As solicitudes de intalación durante o período estival (do 1 de maio ao 30 de setembro) poderán facerse, ademais de durante o prazo ordinario, nun período adicional entre o 1 de marzo e o 15 de abril. 

A solicitide para os 15 días no entorno da Semana Santa poderán facerse, ademais de no período ordinario, ata 10 días antes do período solicitado. 

 

Ordenanza reguladora da instalación de terrazas na vía pública.

Consulta aqui os aspectos máis importantes a ter en conta para a tramitación de solicitudes e o modelo de instancia. 

Agro 360º Adaptación, Sostibilidade e Emprendemento

O Concello de Boiro, xunto coas empresas do coworking Lab Barbanza, leva a cabo unha xornada sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agoralimentario galego, Agro 360º.

Esta xornada vai constar de mesas de debate especializadas, tres espazos de diálogo con persoas expertas da cadea de valor agroalimentaria e tamén espazo networking, unha oportunidade para establecer contactos e intercambiar experiencias.

Terá lugar o 14 de novembro de 11.00 a 14.00 horas no Lab Barbanza (Centro de Formación, Innovación e Emprendemento) situado no Parque Empresarial de Espiñeira. 

 

Mesa 1. Sostibilidade ambiental e cambio climático 

Nela falarase dos marcos legais que actualmente poñen dirección no sector, tanto na temática de sostibilidade como de adaptación ao cambio climático

  • José Ramón Vázquez, vicepresidente de VIRATEC
  • Jacobo Feijoo, responsable de medio ambiente e cambio climático de Unións Agrarias
  • Higinio Mougán, director-xerente de AGACA
  • Pablo Condo, enxeñeiro técnico agrícola e responsable de AGROTECH en Sinerxia Consultores

Mesa 2. Innovación e empresa

Con exemplos reais, aterraranse proxectos e iniciativas que xorden do propio sector e que poden ser de inspiración e exemplo de boas prácticas. Na mesa falarase de como as empresas consolidadas se están adaptando e que retos están a afrontar. 

  • Paula Souto, directora de I+D en Jealsa
  • Ángela Yusta, responsable de I+D en Paco y Lola
  • Javier Caneda, responsable de produción vegetal en Del Agro
  • José Iglesias, co-fundador e CEO de Stelviotech

Mesa 3. Emprendemento e novos modelos de negocio 

Presentacións de proxectos inspiradores que se están abrindo camiño entre a sostibiliade e a resiliencia. 

  • Elena Vitoria, CEO de Salmoira
  • Rosa Arcos, secretaria xeral de Fademur 
  • Deborah Franco, fundadora de Monet Tecnología e Innovación
  • Maruxa Carmiña, co-fundadora de Canumi

 

Máis información e inscricións 

Formulario web 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

684 338 573

 

 

Pleno ordinario do 23 de outubro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 23 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 10/09/2025.
  2. Participación no POS+adicional 472025.
  3. Aprobación definitiva do Plan Forestal Municipal.
  4. Convenio entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, e o Concello de Boiro para o cumprimento e penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC).
  5. Bonificación ICIO.
  6. Moción presentada polo grupo municipal do BNG en relación coas liquidacións do SURPP B1+B2.
  7. Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á proposta estatal de planificación eléctrica 2025-2030 e a ALTRI.

Programa Integrado de Emprego 2025/2026

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025/2026.

Este programa está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

OFERTA FORMATIVA

  • Condución de carretillas elevadoras
  • Acompañamento en transporte escolar
  • Organización do almacén
  • Office: Word, Excel, Access e Power Point
  • Iniciación á creación de páxinas web
  • Firma dixital
  • Chat GPT e intelixencia artificial
  • Operacións básicas de caixa
  • Piloto profesional de drons STS
  • Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos
  • Xestión de recepción
  • Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos en establecementos de hostalería e restauración
  • Aplicación de fundamentos básicos en cociña
  • Pastelería: postres para restauración
  • Elaboración de pezas cárnicas
  • Peixaría
  • Charcutería

ACCIÓNS A DESENVOLVER NO PROGRAMA 

  • Servizo integral de formación, orientación e asesoramento laboral
  • Formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego
  • Sesións de coaching para a busca de emprego
  • Formación e asesoramento sobre mobilidade laboral e emprendemento
  • Formación transversal en idiomas e novas tecnoloxías
  • Formación específica para o emprego
  • Prácticas profesionais non laborais
  • Prospección de ofertas laborais e emparellamento de ofertas coas demandantes de emprego participantes no Programa

Posta a disposición dos servizos municipais para favorecer a conciliación. Aposta das novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación a cada persoa usuaria.

Inscricións e máis información 

Centro de Formación e Viveiro de Empresas (Pol. Industrial de Espiñeira) 

659 247 963
650 042 409

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Aulas de eduación secundaria para persoas adultas 2025/2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as Aulas de Educación Secundaria de Persoas Adultas para o curso 2025-2026 e que se van desenvolver de luns a xoves en horario de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social de Boiro. 

Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO e ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os que adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. 

A aula de persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela, desprazándose o profesorado do centro a Boiro para as avaliacións. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases será de luns a xoves de 20.00 a 22.00 horas na Casa da Cultura de Boiro co obxectivo de que sexan compatibles coa xornada laboral.

Ofrécense un total de 50 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos en cada curso escolar e cada un dos módulo consta de diversos ámbitos: científico-tecnolóxico (matemáticas, bioloxía, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e o ámbito social.

Requisitos das persoas participantes

Ter máis de 18 anos. 

Poderán matricularse menores de idade, cando acrediten suficiente e documentalmente algunha das seguintes circunstancias:

  • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario na modalidade presencial por enfermidade ou discapacidade física.
  • Estar interno nunha institución penitenciaria ou en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
  • O alumnado que acredite cursar ou ter cursado un programa de garantía social.
  • Desempeñar unha actividade laboral xustificada con documentación fidedigna da empresa e a alta na seguridade social, ou acreditar o compromiso para realizar un contrato en prácticas nunha empresa.
  • Cando concorran outras circunstancias de carácter extraordinario distintas das sinaladas anteriormente, a Delegación Provincial que corresponda poderá autorizar cursalas tralo informe favorable do Servizo de Inspección Educativa.

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro entre o 3 e o 22 de setembro.

Para novas matrículas: ANEXO I e copia do DNI

Para continuidade de estudos: ANEXO II 

|