Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022/2023

O Concello de Boiro, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, desenvolve unha nova edición do Programa Integrado de Emprego que se vai desenvolver no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira durante o ano 2022/2023. 

A formación inclúe formación en fundamentos básicos de cociña, de limpeza, elaboración de pezas cárnicas, operacións básicas de caixa e atención ao cliente, carretilla elevadora e xestión de almacén, plan de márketing, comercio electrónico, márketing online, contabilidade e nóminas, office, manipulador de alimentos, inglés...


O programa inclúe un servizo de medidas de conciliación para facilitar a asistencia ás actividades, apostando polas novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación segundo as necesidades das usuarias.

Consulta o programa formativo íntegro aqui

 

Requisitos das persoas aspirantes

Estar inscrito como demandante de emprego, asiganación do código 930. 

Exclusivo para mulleres. 

 

Máis información

Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

659 247 963

650 042 409

 

 

|