Proceso selectivo: 7 auxiliares Policía Local

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de 7 auxiliares de Policía Local que van desenvolver as función de auxilio aos membros do corpo da Policía Local. 

O Boletin Oficial da Provincia nº92 do 19 de maio de 2021 publica as bases da convocatoria. 

Os contratos de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal. O sistema de acceso será mediante oposición libre. 

Relación provisional de admitidos/as exluidos/as, publicada o 03/06/2021, que pode consultarse aqui

Relación definitiva de admitidos/as excluidos/as, publicado o 18/06/2021, que pode consultarse aqui

Resultados das probas, publicadas o 24/06/2021, que poden consultarse aqui

Resultados definitivos das probas, publicados o 02/07/2021, que poden consultarse aqui

Resultado do sorteo público e proposta de contratación, publicado o 05/07/2021, que pode consultarse aqui

 

Presentaciónde solicitudes 

As persoas que desexen participar deberán presentar as súas instancias no modelo que se engade como ANEXO a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral (de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas. 

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 

 

Requisitos dos candidatos

- Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea nos termos prevvistos na Lei do Estatuto básico do empregado público. 

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Ter cumprido os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación. 

- Non ter sido condenado/a por delito nin separado/a do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión do título de graduado en educaciónsecundaria obrigatoria ou equivalente. 

- Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para mulleres. 

- certificado médico que faga constar que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos. 

 

|