Seguridade e Medio Ambiente: Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais

O Concello de Boiro colabora coa Deputación Provincial da Coruña para a formación de mozos e mozas menores de 30 anos nun curso de "SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE: LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS", que a administración provincial desenvolve no marco do proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove do Plan de Emprego Local (PEL). 

A formación vaise levar a cabo en Muros e consta de 80 horas de práctica e 60 horas de prevención de riscos laborais. 

 

Inscricións e prazo

O prazo de inscrición está aberto ata o4 de marzo de 2021 ás 14.00 horas

Podes inscribirte no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o teléfono 981 84 26 09

Máis información en https://emprego.dacoruna.gal/ 

|