O Concello de Boiro, unha vez finalizadas as obras de acondicionamento do Complexo Deportivo da Cachada, retoma a actividade da piscina municipal coa apertura ao público a partir do vindeiro 1 de marzo.
Horario de apertura
▪️ Luns a venres de 8.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 23.00 horas.
▪️ Sábados de 8.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
A instalación abrirá de xeito gratuíto durante os primeiros meses pero as persoas usuarias deberan formalizar unha inscrición para ter un control no acceso ás instalacións.
As persoas inscritas terán dereito ao uso da piscina e tamén do ximnasio de forma libre.
Inscricións
A partir do luns día 27, entregando o formulario de inscrición dispoñible nesta páxina, nas propias instalacións do Complexo Deportivo da Cachada ou no departamento de Deportes do Concello de Boiro.
O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para apoiar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro na súa participación en ligas ou competicións oficiais a nivel comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas modalidades deportivas implantadas en Boiro.
O BOP núm. 17 do 25 de xaneiro de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui.
Obxecto das axudas
O obxecto destas subvencións é financiar os gastos federativos; seguros, salarios e Seguridade Social; gastos de xestión (bancos, xestorías...); gastos de publicidade (megafonñia, cartelería, web...); gastos de comunicación (teléfono, internet...); gastos de roupa e lavandería; formación; ximnasio, fisioterapia e farmacia; material de oficina; compras de aprovisionamentos; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutención; arbitraxes; premios, trofeos e obsequios; equipamento deportivo.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse mediante a sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal/info.0)
O prazo é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Data de publicación do BOP: 25/01/2023.
Requisitos
- Club ou entidade deportiva federada con razón social no municipio de Boiro que participe en competición oficial estable.
- Carecer de fins de lucro.
- Estar inscrito no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro.
- Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta.
- Non incurrir en algún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a recepción de axudas ou subvencións públicas.
- Ter certificado dixital ou DNI electrónico.