Programa Integrado de Emprego 2024/2025 | Concello de Boiro, Rianxo e A Pobra

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2024/2025.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 está destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, van recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona así como xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral.

OFERTA FORMATIVA 

  • Técnicas de limpeza e operacións de posta a punto. Departamento de pisos
  • Eventos, cátering e banquetes
  • Cociña básica
  • Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos en establecementos de hostalaría
  • Manipulador de alimentos
  • Conducción de carretillas elevadoras (I edición)
  • Conducción de carretillas elevadoras (II edición)
  • Xestión e control de compras e stock en almacén
  • Elaboración de pezas cárnicas
  • Operacións básicas de caixa
  • Office: Word, Excel, Access e Power Point
  • Xestión integral de PEMES
  • Inglés inicial
  • Traballos en altura con brazo articulado
  • Preparación de peixes e mariscos para a industria e a venda
  • Electricidade/soldadura

ACCIÓNS A DESENVOLVER NO PROGRAMA 

  • Servizo integral de formación, orientación e asesoramento laboral
  • Formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego
  • Sesións de coaching para a busca de emprego
  • Formación e asesoramento sobre mobilidade laboral e emprendemento
  • Formación transversal en idiomas e novas tecnoloxías
  • Formación específica para o emprego
  • Prácticas profesionais non laborais
  • Prospección de ofertas laborais e emparellamento de ofertas coas demandantes de emprego participantes no Programa

As persoas participantes percibirán unha axuda de 10 euros por día de asistencia ás accións do Programa.

Posta a disposición dos servizos municipais para favorecer a conciliación. Aposta das novas tecnoloxías para reducir a presencialidade, adaptación horaria, flexibilidade e adaptación a cada persoa usuaria.

Inscricións e máis información 

Centro de Formación e Viveiro de Empresas (Pol. Industrial de Espiñeira) 

659 247 963
650 042 409

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

|