Escolas Deportivas Municipais 2024-2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do Departamento de Deportes, promove un ano máis as escolas deportivas municipais en diversas modalidades e para todas as idades. 

 

Información e inscricións

Departamento de Deportes - Casa da Cultura (Av. da Constitución nº30) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 84 25

 

PROGRAMA DEPORTIVO PERSOAS ADULTAS 

  • Ximnasia para persoas xubiladas

Barraña 1. luns, mércores, venres (16:00-16:50h)

Pavillón de Barraña.

Barraña 2. luns, mércores, venres (16:50-17:40h)

Pavillón de Barraña.

Escarabote. luns, mércores, venres (18:00-18:50h)

Pavillón de Escarabote.

Comezo: 2 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  • Proxecto "Boiro actívate"

(Para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas)

Horario: Luns, mércores e venres (11:00-12:00h)

Lugar: Pavillón da Cachada

Comezo: 2 de outubro

Inscrición: gratuíta

 

  • Mantemento físico 

(para persoas de 18 a 60 anos) 

Horario: luns e xoves (21.00 a 22.00h)

Lugar: pavillón de Barraña 

Comezo: 3 de outubro 

Inscrición: 70 euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro) 

 

  •  Tenis

Grupo 1. Mércores e venres (21:00-22:00h)

Pavillón de Escarabote. Comezo: 4 de outubro

Grupo 2. Martes e xoves (21:00-22:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 3 de outubro

Grupo 3. Martes e xoves (20:00-21:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 3 de outubro

Grupo 4. Martes e xoves (22:00-23:00h)

Pavillón de Valiño. Comezo: 3 de outubro

Inscrición: 70 Euros/curso (30 euros outubro / 40 euros xaneiro) 

  • Voleibol para adultos (iniciación)

(maiores de idade) 

Lugar: pavillón da Cachada

Horario: martes e xoves (21.00 - 22.00h)

Comezo: 5 de setembro

Inscrición: 15 euros/mes (club de Volei)

 

PROGRAMA DEPORTIVO INFANTIL E XUVENIL 

  • Programa de mellora da motrocidade

Educación Física de Base 1 (3/4 anos)

Martes e xoves (17:15-18:05h). Pavillón de Barraña Comezo: 1 de outubro.

Educación Física de Base 2 (5/6 anos)

Martes e xoves (18:05-18:55 h). Pavillón de Barraña Comezo: 1 de outubro.

Inscrición: 50 euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro)

  • Tenis

Idades: maiores de 8 anos

Grupo 1. Luns (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín e mércores (17:30-18:30h) Pavillón de Valiño. Comezo: 2 de outubro

Grupo 2. Luns (18:30-19:30h) e venres (17:30-18:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 4 de outubro

Grupo 3. Luns e venres (16:30-17:30h) Pavillón de Praia Xardín. Comezo: 4 de outubro

Grupo 4. Mércores e venres (19:00-20:00h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 2 de outubro

Grupo 5. Mércores e venres (19:30-20:30h) Pavillón de Escarabote. Comezo: 2 de outubro

Inscrición: 50 Euros/curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro). 

 

  • Ciclismo

Dos 5 aos 16 anos.

Horario: Mércores sesión teórico-práctica (19:00-20:00h) e sábados sesións prácticas 11:00-13:00h).

Lugar: Pavillón de Praia Xardín

Comezo: 2 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • Atletismo

Idades: maiores de 6 anos

Lugar: Ximnasio do I.E.S. da Cachada e exteriores.

Horario: martes e xoves, das 17:00 ás 18:00h (grupo 6 a 8 anos); das 18:00 ás 19:00 h (grupo 9 a 11 anos) e das 19:00 ás 20:00h (grupo 12 a 14 anos).

Comezo:  1 de outubro

Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro). 

 

  • Programa de promoción do voleibol

Luns a venres nos centros de ensino (CEIP) de Boiro. 

Comezo: 1 de outubro. Inscrición: gratuíta

 

  • Voleibol

Idades: maiores de 7 anos

Lugar: pavillón da Cachada

Horario: consultar segundo sexa masculino ou feminino e ano de nacemento.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: consultar segundo categoría

  • Xadrez

Iniciación e perfeccionamento (maiores de 7 anos)

Horario: (iniciación) mércores, das 18:00 ás 19:00h e (perfeccionamento) mércores das 19:00 ás 20:00h.

Lugar: Casa da Cultura

Comezo: 2 de outubro. 

Inscrición: 50 euros curso (20 euros outubro / 30 euros xaneiro) 

 

  •  Remo

A partir dos 11 anos. Requisito: saber nadar.

Horarios: Consultar segundo categoría 

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz.

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  • PIiragüismo

A partir dos 8 anos. Requisito: saber nadar.

Horarios: Consultar horarios categoría

Lugar: Praia Xardín.  

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: pago licenza federativa

 

  •  Baloncesto

Maiores de 6 anos. Preminibasket, minibasket, infantil, cadete e xuvenil

Horarios: Consultar horarios, segundo categoría

Inscrición: consultar segundo categoría

 

  • Escola deportiva de triatlón

Maiores de 8 anos

Horario: martes e xoves, das 18:00 ás 20:00h

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Escola deportiva de natación

Maiores de 8 anos

De luns a sábado

Consultar horarios segundo a idade

Comezo: 1 de outubro

Inscrición: cota mensual segundo nivel.

 

  • Golf

6-16 anos

Sábados, 11-14 h ou 16-19 h.

Lugar: Campo Golf de Macenda

Comezo: 5 de outubro.

 

  • Vela. Escola Náutica de Boiro

8-16 anos

Sábados e domingos, das 10 ás 14 h.

Lugar: Marina de Cabo de Cruz

Comezo: 5 de outubro.

 

  • Patinaxe artístico

A partires dos 4 anos

Consultar horarios segundo idade/nivel

Lugar: Pavillóns Praia Xardín e Bealo

 

 

|