O Concello de Boiro leva a cabo un curso de robótica, drons, gafas de realidade virtual e impresión 3D dirixido a nenos e nenas co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas que abarcará as seguintes áreas:
- Introdución ao manexo de drons
- Conceptos básicos de Impresión 3D
- Introdución a realidade Virtual
- Introdución a Robótica
- Uso seguro da internet e ferramentas dixitais
- Xogos e actividades didácticas relacionadas coa informática
Datas: todos os luns dende o 12/01/2025 ata o 30/03/2025 (Non haberá curso o luns 16 de febreiro).
Horario: de 16.30 a 18.00 horas
Lugar: aula CeMIT no 1º andar do Centro Social de Boiro, situado na rúa Poeta Manuel María s/n - 15930 Boiro
Requisitos
Idade: nacidos entre o 2011 e 2017
Interese na informática: Os participantes deberán mostrar interese no uso de ferramentas tecnolóxicas e programación básica
Autorización de pais ou titores: A inscrición debe contar co consentimento e firma dos pais ou titores legais
Bases íntegras dispoñibles AQUI.
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas (11/12/2025), que se pode consultar aqui.
Insricións
As inscricións feberán realizarse entre 1 e o 9 de decembro, mediante algunha destas modalidades:
Presencial: Nas oficinas do Rexistro do Concello, sito na Praza Galicia s/n 15930, Boiro, A Coruña.
En liña: A través da páxina web do Concello mediante instancia xeral na sede electrónica. Será necesario adxuntar a inscrición mediante a sede electrónica xunto cos documentos requiridos.
Máis información
Aula CeMIT do Concello de Boiro
981 84 26 35 ou 629 769 139
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de decembro de 2025.
Programa formativo
Deseño gráfico con Inkscape (logos e ilustracións) - do 2, 3 e 4 de decembro de 10.00 a 12.30 horas
Compras seguras en Internet - 10 e 11 de decembro de 10.00 a 12.30 horas
Elaboración de carteis - 15 e 16 de decembro de 10.00 a 12.030 horas
Información e inscricións
Aula CeMIT - Centro Social de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 35
629 769 139