Campamento verán Deputación da Coruña 2024

O Concello de Boiro participa, un ano máis, nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña. A actividade está destinada a rapaces e rapazas empadroados nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

Nesta ocasión correspóndenos 4 prazas na 1ª quenda, que se vai desenvolver entre o 23 e o 28 de xuño. O campamento vaise desenvolver na Coruña, no IES Rosalía Mera, e o prezo da inscrición será de 85 euros. As persoas participantes desfrutarán dun amplo programa de actividades como deporte naútico, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.

As inscricións para participar están abertas ata o 28 de maio e deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro, para o que deben enviar a ficha de inscrición debidamente asinada e cuberta. Entre os días 29 e 31 de maio realizarase o sorteo das prazas, para o que terán prioridade aqueles rapaces e rapazas que nunca asistiran a campamentos de verán da Deputación.

INSCRICIÓN:

  • Fotocopia do DNI
  • Copia do pago das taxas
  • De ser o caso: informe médico de doenzas ou cuestións relativas a alerxias ou outras de saúde a ter en conta

 

MÁIS INFORMACIÓN 

Dep. de Deportes do Concello de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 84 25 

|