Campaña de Inverno 2022
O Concello de Boiro participa un ano máis na campaña de Inverno 2022 da Deputación da Coruña e mediante a que 10 rapaces e rapazas do municipio desfrutarán dunha estancia e manutención na estación de inverno de Valgrande-Pajares (Asturias).
A quenda de Boiro será entre os días 21 e 24 de xaneiro de 2022.
A actividade está destinada a rapazada de entre 12 e 15 anos.
O prezo da inscrición é de 85 euros.
Inscricións
Do 30 de novembro ao 14 de decembro no departamento de Deportes do Concello de Boiro (Casa da Cultura de Boiro)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 84 25