Bolsas para deportistas 2020 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, a través da área de Deportes, convoca as bolsas para deportistas federados na localidade 2020.
A dotación total da convocatoria será de 5.000 euros, distribuídos en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros e 15 bolsas de 100 euros.
Requisitos das persoas solicitantes
- Estar empadroados en Boiro
-Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro
- Dispoñer de licencia feredativa en vigor no momento da presente convocatoria
- Ter participado na tempada precedente en:
- Campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior
- Convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade
- Probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos, así recoñecidas e acreditadas pola federación correspondente
- Campionatos oficiais absolutos de liga da 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade
- Non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo
Documentación a presentar
- Anexo cuberto coa información
- DNI da persoa solicitante
- Volante de empadroamento do Concello de Boiro
- Certificación da conta bancaria
- Copia da licencia federativa en vigor
- Certificación da Federación Deportiva correspondente ou documento de organismo oficial que acredite:
- Os méritos logrados polo/a deportista durante a temporada precedente
- A inexistencia de sanción ou descualificación do solicitante por comportamento antideportivo
- O inicio e o remate da pasada temporada
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes PECHADO
As solicitudes presentarnse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dentro dos dez días hábiles seguintes á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Podes descargar aqui o Anexo para presentar