Dia da Bicicleta 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este domingo 2 de novembro unha nova edición do Día da Bicicleta, unha cita que ten como obxectivo a convivencia e a diversión arredor deste vehículo popular entre nenos e adultos.
O percorrido, de 14 quilómetros, sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia pola rúa Principal, tomará a Avenida de Compostela para chegar a Escarabote, onde se fará o primeiro reagrupamento na Agramuíña. Volverá a Boiro pola Avenida de Compostela, paseo marítimo, rúa Salvador Allende, Empresario Jesús Alonso e tomará dirección Cabo de Cruz pola Avenida de Barraña e despois polo Esteiro.
Xunto a Lonxa de Cabo de Cruz farase un segundo reagrupamento para xa regresar a Boiro polo Sestelo, Seán, Exipto e A DP-1106 ata a Avenida da Constitución para chegar á Praza de Galicia mediante a rúa Robustiano Pérez del Rio. Á chegada terá lugar o sorteo de material deportivo entre todos os inscritos na proba.
O Día da Bici do Concello de Boiro está promovido por La Voz de Galicia e conta co patrocinio de Vegalsa e Jealsa, e conta coa colaboración de Bici Daniel Ríos, Chicolino, Autos R. Outeiral e o Club Ciclista Barbanza.
Poden participar persoas maiores de 6 anos (non está permitido o uso de rodíns) e é obrigatorio o uso de casco.
Inscricións
Departamento de Deportes
Edificio As Colonias de Praia Xardin
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
