Programación cultural agosto 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro programa para o mes de agosto actividades culturais pensadas para disfrutar en familia e ao aire libre en distintos espazos do concello.
Esta programación propia súmase ás actividades e iniciativas culturais das asociacións e comisións de festas que organizan propostas nas distintas parroquias.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
- Venres 4 de agosto, 12.00h. Centro Social de Abanqueiro – contacontos “Desfógate. Unha aventura acuática” de Raquel Queizás
- Martes 8 de agosto, 20.00h. Pazo de Goiáns – visita teatralizada cos Quinquilláns.
- Martes 8 de agosto, 21.30h. Pazo de Goiáns – “Tralalareira” de Vero Rilo no marco do programa ‘Mulleres Contando no Pazo’.
- Martes 8 de agosto, 22.00h. Agramuíña (Escarabote) – proxección do filme “Valentina” no marco do programa Cine na Rúa.
- Xoves 10 de agosto, 20.30h. Paseo marítimo de Barraña – “Glamping” SU.Ma.
- Sábado 12 de agosto, 20.00h. Paseo marítimo de Barraña – festa infantil
- Luns 14 de agosto, 20.00h. Pazo de Goiáns – concerto “Lugares Máxicos” de Carlos Núñez.
- Xoves 17 de agosto, 12.00h. Paseo marítimo de Barraña – espectáculo “C@nto contigo” Paco Nogueiras.
- Xoves 17 de agosto, 20.30h. Agramuíña (Escarabote) – “Rogelio, un pallaso en recuperación” As Sircópatas
- Martes 22 de agosto, 20.30h. San Roque (Cespón) – “Camiños de mar, terra e vento” Paula Carballeira.
- Mércores 23 de agosto, 12.00h. A Cachada – “Concertazo na horta” Brais das Hortas.
- Xoves 24 de agosto, 20.30h. Cabo de Cruz – “Malabaridades” Fran Boza
- Sábado 26 de agosto, 13.00h. A Cachada – Concerto de “Leilía” (Paisaxes Sonoras).
- Sábado 26 de agosto, 22.00h. A Cachada – concerto Tributo a Maná.
- Martes 29 de agosto, 12.00h. O Coído – “CantaXoga” Migallas Teatro.
- Mércores 30 de agosto, 20.30h. diante da Casa da Cultura – “Laisse Moi” Collectif Primavez.