Microcamp tecnolóxico | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza durante o verán un "Microcamp" de actividades tecnolóxicas dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos co obxectivo de fomentar o bo uso das TIC. 

O Microcamp estará dividido en dous grupos: 

  • Idades entre os 8 e 11 anos: días 12, 13, 14, 26, 27 e 28 de xullo. 
  • Idades entre os 12 e 14 anos: días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de agosto. 

O horario será de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro. 

 

O número de prazas é limitado, polo que se require inscrición previa no Rexistro Xeral ou sede electrónica. O prazo de inscrición será entre o 28 e o 30 de xuño. 

As bases con toda a información poden consultarse AQUI

Relación de persoas inscritas aqui

 

 

|