Multiobradoiro Semana Santa 2022 | Concello de Boiro
A Concellería de Educación do Concello de Boiro organiza durante as vacacións de Semana Santa un obradoiro de actividades para nenos e nenas.
O obxectivo desta actividade é facilitar ás familias un recurso de conciliación e ofrecer unha alternativa lúdica con actividades.
O BOP núm. 61 do 30 de marzo de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar aqui.
Publicada a lista de persoas admitidas, que pode consultarse aqui.
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
Datas: días 11, 12 e 13 de abril de 2022
Horario: de 10.30 a 13.30 horas
Custe: 3 euros