Cabalgata de Reis 2022 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro, xunto coa Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a tradicional Cabalgata de Reis, desta vez adaptada ás restricións e medidas para o control da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.
A cabalgata contará so con catro carrozas, o nacemento e as de cada Rei, e en cada unha delas irán so dúas persoas. Nesta ocasión non contará coa presencia de máis comitiva nin outros participantes, so algún grupo de música.
O percorrido sairá de Lampón ás 17.00 horas e chegará a Boiro pola rúa Principal, percorrerá a Avenida da Consitución ata a praza de A Boqueira de A Negral, onde fará unha parada para recibir aos nenos e nenas de xeito controlado