Pleno ordinario do 15 de maio de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 15 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio de 2025. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. Elaboración e aprobación do Orzamento 2025
  3. Resolución de alegacións e aprobación provisional do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Boiro.

II Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve a II Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar os días 14 e 15 de maio no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. 

O obxectivo destas xornadas será acoller estratexias en materia de formción e seleción e promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego, así como dara a coñecer as principais estratexias que, en materia de formación e selección, se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona. 

Para participar é preciso inscribirse. *as persoas inscritas entrarán nun sorteo que terá lugar o xoves ao remate da xornada.

Os foros e obradoiros están pensados para empresas e persoas demandantes de emprego pero as inscricións están abertas ao público xeral. 

Inscricións para os FOROS

Inscricións para os TALLERES

 

 

PROGRAMA

Mércores 14 de maio

9.30h - apertura de portas e recepción dos asistentes 

10.00h - foro "Intelixencia artificial e o futuro no emprego"

Modera: Jorge Teixeira Crespo, enxeñeiro informático, presidente de GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux)

Interveñen:

  • Diego Vázquez González, CEO Newmind Innovatio /NM-IOT SL
  • Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas
  • Pablo García, CEO de PRANA AI
  • Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego

11.30h - pausa café 

12.00h - foro "Economía circular: unha aposta de futuro para a creación de emprego" 

Modera: Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade Barbanza Arousa

Interveñen:

  • José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE
  • José Peleteiro, Ecoplas
  • Elena Fontán, Orixe Salgada
  • Josefa de León Blanco, Viratec

 

Xoves 15 de maio

9.00h - apertura de portas 

9.30h - obradoiro "Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional" 

Imparte: Recursos Galicia SL

10.00h - interacción entre demandantes e empresas

11.00h - obradoiro "Procura activa de emprego" 

Imparte: Nortempo ETT

11.30h - interacción entre demandantes e empresas 

12.30h - obradoiro "Creando o mañá: como converterte no propietario da túa empresa"

Imparte: Asociación Boirense de Empresas (ABE)

13.30h - clausura da feira e sorteo 

Cursos CeMIT maio 2025 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de maio de 2025.

 

Programa formativo 

Sistemas de comunicación - do 5 ao 8 de maio de 10.00 a 12.00 horas 

Diseño e Impresión 3D - do 12 ao 14 de maio de 10.00 a 12.00 horas 

Retoque de fotografías con GIMP - do 19 ao 22 de maio de 10.00 a 12.00 horas

Edición e montaxe de vídeo - do 26 ao 29 de maio de 10.00 a 12.00 horas

 

Información e inscricións 

Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

629 769 139 

Campamento Concilia de Verán 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para a preinscrición no campamento de conciliación para o verán 2025 a partir do luns 5 de maio.

Bases e máis información sobre o campamento, dispoñibles aqui.

 

 

Lugar de realización, calendario e horario

As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un). 

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 29 de agosto, agás sábados, domingos e festivos. 

O horario será de 8.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un). 

 

Prezos

150 euros/mes para horario de 8.00 a 14.00 horas 

110 euros/mes para horario de 10.00 a 14.00 horas 

 

Inscrición e pago das taxas

O prazo de inscrición estará aberto entre o 5 e o 19 de maio. 

As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina. 

O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo de admitidos. 

Cursos CeMIT marzo 2025 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de marzo de 2025.

 

Programa formativo 

Libreoffice Writer - do 3 ao 6 de marzo de 10.00 a 12.00 horas 

Libreoffice Calc - do 10 ao 13 de marzo de 10.00 a 12.00 horas 

Libreoffice Impress - do 17 ao 20 de marzo de 10.00 a 12.00 horas

Libreoffice Base - do 25 ao 28 de marzo de 10.00 a 12.00 horas

 

Información e inscricións 

Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

629 769 139 

|