Muller e Saúde outubro e novembro 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas propostas para os meses de outubro e novembro de 2025, actividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller. 

Sábado 18 de outubro, 9.30 a 13.30 horas – Pavillón de Barraña: Obradoiro de Autodefensa

Mércores 5 de novembro, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Alimentación e benestar feminino

Mércores 12 de novembro, 16.30 a 19.30 horas – Centro Social de Abanqueiro: Saúde Mental e emocional: ferramentas para o día a día

Mércores 12 e venres 14 de novemebro, 9 a 15 horas - Concello de Boiro: Afrontamento para o crecemento persoal

Xoves 20 de novembro, 16.30 a 19.30 horas - Aula CeMIT do Centro Social de Boiro: Tecnoloxía e saúde: apps e novas ferramentas  

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

Muller e Saúde marzo e abril | Concello de Boiro

O Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas propostas para os meses de marzo e abril, ctividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller. 

Venres 14 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Recursos básicos para a xestión emocional

Venres 21 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Estilos de vida saudables - mindfullness

Venres 28 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Xardinería terapéutica

Sábados 5, 12 e 26 e abril, 11 a 12 horas - Centro Social de Abanqueiro: Adestramento de solo pelviano 

Sábado 21 de xuño, 10.00 horas - Adestramento en autodefensa 

 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

Programa actividades 25N 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o 25N cun acto institucional e charlas no marco do programa Muller e Saúde. 

O acto central terá lugar o luns 25 e novemebro ás 12.00 horas na Casa Consistorial de Boiro coa lectura do manifesto institucional e a performance nomeada “As paisaxes de Camille”, unha acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero realizada pola Asociación Ambar.

Ademais, durante o mes de novembro vanse levar a cabo dúas actividades dentro do programa Muller e Saúde, unha proposta que busca promover o benestar físico, mental e emocional da muller.


Charla sobre Alimentación Antiinflamatoria, impartida polo dietista da Consellería de Sanidade, Iván Parada Barral
venres 15 de novembro, 17.00 horas - Centro Social de Boiro 

Charla sobre os Beneficios do adestramento de forza para a prevención de enfermidades, impartida polo técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade, Orlando Blanco Iglesias
venres 29 de novembro, 17.00 horas - Centro Social de Boiro 

8M, Dia Internacional da Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, cunha serie de activiades. 

Por un lado, o venres 7 de marzo ás 11.00 horas na planta baixa da Casa Consistorial de Boiro terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto e o acompañamento da Escola de Música de Boiro. 

O xoves 6 de marzo, as mulleres dos talleres de Memoria da Cruz Vermella de Boiro van participar nun programa do IES Praia Barraña nomeado “As mulleres, motor da nosa vida” mediante o que contarán as súas vivencias ao alumnado do centro.

Para dar visibilidade e promover este día e o Centro de Información á Muller do Concello de Boiro, o local GinLab terá unha hamburguesa especial durante o mes de marzo nomeada Naomi Parker en homenaxe á muller estadounidense icono feminista que deu lugar ao cartel famoso da muller co mono de traballo e pano no puño da campaña We can do it.

 

Ademais, o Concello de Boiro continúa co programa Muller e Saúde con novas actividades. 

Venres 14 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Recursos básicos para a xestión emocional

Venres 21 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Estilos de vida saudables - mindfullness

Venres 28 de marzo, 16 a 20 horas – Centro Social de Abanqueiro: Xardinería terapéutica

Sábados 5, 12 e 26 e abril, 11 a 12 horas - Centro Social de Abanqueiro: Adestramento de solo pelviano 

Sábado 21 de xuño, 10.00 horas - Adestramento en autodefensa 

 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

669 582 674

Muller e Saúde novembro | Concello de Boiro

O Concello de Boiro suma novas propostas ao ciclo Muller e Saúde para o mes de novembro con a actividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

  • Alimentación antinflamatoria 

15 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas 
Centro Social de Boiro 

  • Beneficios do adestramento de forza para prevención de enfermidades

29 de novembro, de 17.00 a 20.00 horas 
Centro Social de Boiro 

 

Información e inscricións 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 48 00 ext. 1285 / 1282 

|