Microcamp tecnolóxico | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza durante o verán un "Microcamp" de actividades tecnolóxicas dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos co obxectivo de fomentar o bo uso das TIC.
O Microcamp estará dividido en dous grupos:
- Idades entre os 8 e 11 anos: días 12, 13, 14, 26, 27 e 28 de xullo.
- Idades entre os 12 e 14 anos: días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de agosto.
O horario será de 10.00 a 13.00 horas no Centro Social de Boiro.
O número de prazas é limitado, polo que se require inscrición previa no Rexistro Xeral ou sede electrónica. O prazo de inscrición será entre o 28 e o 30 de xuño.
As bases con toda a información poden consultarse AQUI.
Relación de persoas inscritas aqui.