Festas do Verán 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro programa actividades, concertos e espectáculos para as Festas do Verán 2023 que se van desenvolver entre o 30 de xuño e o 5 de xullo.
Con motivo das festas do verán o Concello de Boiro edita cada ano a revista Folía, que se pode consultar en dixital AQUI ou conseguir un exemplar físico no Concello de Boiro ou no Centro Social de Boiro.
Con motivo dos festexos o Concello de Boiro programa un dispositivo especial de seguridade e emerxencias.
O programa está composto por artistas locais, grupos de musica tradicional galega, orquestras, tributos e concertos de renome.
O grupo Camela será o prato forte das festas do verán, cun concerto que será de pago e para o que se poderán conseguir as entradas a partir deste xoves. Todas as demais actuacións e concertos serán gratuítos e no cartel destacan tamén Mikel Erentxun, Amy Winehouse Band, Tributo a Elton Jhon, Fillas de Cassandra, Catuxa Salom, Mondra, Quinkillada, Aliboria, O Rabelo, High Paw e Xosé Lois Romero.
En canto a orquestras non faltarán a Panorama, París de Noia, Marbella, New York, Players, TNT e La Principal. Tamén haberá concertos de Broken Peach, Leite con Jalletas, Astray, O Ghalegho, Bony Drill, The Cuncas e Brigadiers.
En canto aos grupos de tradicional estarán Abeloura, Aroña, o grupo de baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Lumieira, Nunca é Tarde, Os Pequenos do Barbansa, A Dorniña, As da Boina, Arume, Caraveiros, AR de Loureda, Trobeiros da Ponte e a Banda de Música.
Haberá tamén sesións DJ con DJ Matrek, DJ Jacobo, DJ Places, Marcos Magán, DJ Neil, Tito Maverick, Mateo Abelleira, Bruno DJ e Rasca&Pincha e tamén espectáculos infantís con Teatro Ghazafellos, Circo Chosco, Nauta Teatro e Espectáculo piromusical e de danza.
Entradas Camela
Dispoñibles online aqui.
Físicas a partir do martes día 20 en: Turismo Boiro (de 9.00 a 14.00h) e Baldani (de 10.00 a 13.00 e 17.00 a 20.00h)
PROGRAMA COMPLETO (descarga pdf)
Venres 30 de xuño
20.00h – foguetes dando comezo ás Festas de Boiro
20.00h – pasarrúas coa charanga T.N.T. pola rúa peonil
22.00h – pregón en homenaxe ao TECIDO CULTURAL BOIRENSE na Praza do Concello
23.00h – orquestra LA PRINCIPAL na Praza de Galicia
23.00h – FAMILIA CAAMAGNO na Praza do Centro Social
23.00h – REMEMBER FEST das Peñas no Parque da Cachada con DJ Xacobo, DJ Places, DJ Neil e Marcos Magán
Sábado 1 de xullo
10.00h – alborada a cargo de PEQUENOS DO BARBANSA
11.00h – FESTA DA MALLA no Parque da Cachada con XOGOS TRADICIONAIS, XILBARBEIRA, ABELOURA, AROÑA, ABANQUEIRO, CARAVEIROS, LUMIEIRA, ARUME, O AR DE LOUREDA, PEQUENOS DO BARBANSA, SALGUEIRIÑOS
13.00h – xantar popular ca FESTA DA ORELLA DA BOLIÑA
18.00h – PASABARES TRADICIONAL por Boiro
23.00h – A QUINKILLADA na Praza do Centro Social
23.00h – MIKEL ERENTXUN na Praza de Galicia
00.30h – TRIBUTO a ELTON JOHN na Praza de Galicia
Domingo 2 de xullo
10.00h – alborada con o AR DE LOUREDA
12.00h – FANFARRIA BREGADIERS polas rúas de Boiro
13.30h – THE CUNCAS na rúa Peonil
19.00h – BANDA DE MÚSICA na Praza do Centro Social
20.00h – TROBEIROS DA PONTE (Boleros) na Praza do Centro Social
21.30h – THE AMY WINEHOUSE BAND Praza de A Negral
22.00h – orquestra PLAYERS na Praza do Concello
24.00h – FOGOS DE ARTIFICIO na Praia de Barraña (espectáculo piromusical e de danza cas agrupacións de ballet e baile tradicional do concello)
01.00h – Orquestra NEW YORK na Praza de Galicia
luns 3 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión Vermú con AS DA BOINA
12.00h – teatro infantil GHAZAFELLOS na praza do Centro Social
12.00h – peñas infantil con inchables e xogos no parque da Cachada
12.00h – FESTA DAS PEÑAS, festa da auga e sesión musical na Cachada
14.00h – sesión vermú Peñas con LEITE CON JALLETAS
17.00h – Tardeo Peñas con EUPHORIA DISCO SHOW (DJs Tito Maverick, Mateo Abelleira e Bruno deejay)
22.00h – XOSÉ LOIS ROMERO E ALIBORIA na Praza de Galicia
23.00h – CATUXA SALOM + Rasca&Pincha djs na praza do Centro Social
23:30h – orquestra MARBELLA na Praza de Galicia
martes 4 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión vermú con A DORNIÑA polas rúas de Boiro
12.00h – CIRCO CHOSCO espectáculo infantil no Parque da Cachada
22.30h – FILLAS DE CASSANDRA+ MONDRA na Praza do Centro Social
22.30h – orquestra PARÍS DE NOIA na Praza de Galicia
24.00h – BROKEN PEACH na Praza de Galicia
mércores 5 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión vermú con NUNCA É TARDE
12.00h – Nauta TEATRO familiar no Parque da Cachada
18.00h – TURBINA en festas na Praza do Centro Social (micro aberto + Bony Drill + Jallejo + Astray + DJ Mateo)
22.00h – O RABELO & HIGWPAW na Praza do Centro Social
22.00h – CAMELA na Praza de A Negral
22.30h – Dj Matrek na Praza de Galicia
23.00h – PANORAMA na Praza de Galicia
02.00h – Dj MATREK SHOW con artistas convidadas