Entrerros tradicionais do Entroido 2023 | Concello de Boiro
Enterro do Farruco de Cabo de Cruz
11.30h. matraquillada: saída coa "exposición itinerante" da choqueirada pola parroquia.
12.30h. desfile do Entroido Crucense (saída dende a lonxa, Praza do Lorcho ata o Paraqueiro e regreso pola estrada principal ata o Porto).
13.30h. Rolda choqueiril de chiquitos por tabernas, bares e fontes.
17.30h. Palén (Capela do Carme) - acto teatralizado "a inflacción".
19.00h. no Peirao - enterro do farruco con filloada e chocolatada.
Enterro da Cunca de Praia Xardín
12.00h. enterro da cunca 2023
Enterro do Óso de Abanqueiro
16.47h. saída do Centro Social para a casa de Adam e Fany onde se enterra o Óso.
Enterro do Felpiño de Escarabote
12.30h. Foliada do Entroido con callos, empanada e doces típicos.
17.30h. ruta de despedida do Felipiño (saída da Agramuíña - Estrada Principal - Pontellón - Porto)
19.00h. praia do Porto. Queima do Felipiño.
Un tren amenizado por gaiteiros percorrerá todos os enterros:
11.00h - Enterro do Farruco de Cabo
13.30h - Enterro da Cunca de Praia Xardín
16.30h - Enterro do Óso de Abanqueiro
18.00h - Enterro do Felipiño de Escarabote