Dia de Rosalía 2023 | Concello de Boiro
A Concellería de Cultura do Concello de Boiro programa actividades para conmemorar o Día de Rosalía.
Xoves 23 de febreiro, 20.00h - Centro Social de Boiro
Mesa redonda e lectura de poemas con escritoras boirenses na que participan Ana Lojo, Etna W. Crush e Anxos Castro Parada.
Venres 24 de febreiro, 18.00h - Casa da Cultura de Boiro
Obradoiros para rapazada de 6 a 10 anos: contacontos, obradoiro de marcapáxinas e 'acrósticos'.
*prazas limitadas. Inscricións na Biblioteca Municipal de Boiro ou no 981 84 84 10.
Venres 24 de febreiro, 20.00 horas - Pazo de Goiáns
Espectáculo teatralizado "Que pasa arredor de min?" de Os Quinquilláns
Presentación do libro "Enser" de Marcos Lorenzo.
Sábado 1 de abril - ruta rosaliana (visita guiada teatralizada)
09.00h - saída de Boiro
09.45h - visita ao Banquete de Conxo
11.00h - Panteón dos Galegos Ilustres
12.30h - visita exterior á casa de Rosalía de Ortoño
13.30h - percorrido libre por Padrón
14.15h - comida grupal
16.30h - visita Fundación Casa Rosalía de Castro
18.30h - visita viñedos
Prezo por persoa: 45 euros (inclúe todo o itinerario e a comida).
Pago da reserva: 15 euros
Reservas na Casa da Cultura de Boiro, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 981 84 84 25.