Obradoiro de Musicoterapia
OBRADOIRO MUSICOTERAPIA NO CONCELLO DE BOIRO
Como en anteriores edicións, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro vai por en marcha o obradoiro de “MUSICOTERAPIA”, dirixido fundamentalmente ao colectivo da terceira idade e tendo como obxectivo principal o de mellorar a calidade de vida das persoas maiores promovendo un espazo de comunicación e socialización, a partir do traballo en grupo empregando a música e o son.
As sesións realizaránse no Centro Social de Boiro os martes de 19:00 a 20:30 horas e os venres no Centro Social de Cabo de Cruz de 10:30 a 12:00 horas, dende o 20 de marzo e ata o 11 de maio.
Prazas limitadas.
Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.