Oficina Consumo
Índice do artigo
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo público, dependente do Concello de Boiro, que ten como labor a defensa e a protección das persoas consumidoras.
Con este servizo as persoas consumidoras e usuarias disponen, de maneira gratuñita, da posibilidade de realizar consultas, presentar reclamación ou solicitar información e documentación en materia de consumo.
SERVIZOS
-
Informar, axudar e orientar ás persoas consumidoras mediante unha atención personalizada.
-
Tramitar reclamación e denuncias
-
Realizar actos de mediación
-
Educar e formar en materia de consumo
-
Promover e informar sobre o sistema arbitral de consumo
-
Colaborar coas asociación do noso municipio
CONTACTO
-
UBICACIÓN: 1º andar do edificio da Casa Consistorial
-
TELÉOFNO: 981 844 800 ext. 1280
-
EMAIL: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
De luns a xoves de 9:00 a 13:30 horas (Con cita previa)
Cita previa no teléfono 881 505 106 ou en citaprevia.boiro.gal/citaprevia
NOTICIAS RELACIONADAS
Quenes son consumidores/as e usuarios/as ?
Son as persoas físicas ou xurídicas que adquiran, utilicen ou disfruten de bens mobles, inmobles e semovientes, medios, productos ou servizos e actividades, calquera que sexa a súa natureza, pública ou privada, individual ou colectiva, de quen produce ou intervén, directa o indirectamente na súa comercialización, sempre que o seu destino final sexa para uso persoal, familiar ou colectivo.
Desta definición dada no art. 2 da Lei 12/1984, 28 de decembro, do Estatuto Galego do Consumidor e Usuario, podemos concluir que son consumidores/as e usuarios/as as persoas que adquiran bens ou servizos para uso persoal.
Vías de reclamación
A principal vía de reclamación en materia de consumo é:
Ø Sistema Arbitral de Consumo: Vía extraxudicial rápida, de balde e voluntaria que permite dirimir fácilmente discrepancias que poidan surxir entre o/a comprador/a ou usuario/a e o/a vendedor/a ou prestador/a de servizos.
Para iniciar esta vía, basta con rechear unha sinxela solicitude de arbitraxe e presentala ante a Xunta Arbitral de Consumo, a través da OMIC ou dunha organización de consumidores e usuarios. Na solicitude recollerase a reclamación onde se especificará claramente o que se solicita, aportando a máxima documentación relacionada cos feitos.
Unha vez admitida a trámite a solicitude, e aceptada a arbitraxe pola entidade reclamada, convocaráse ás partes á celebración dunha vista, á que deberán acudir con tódolos medios de proba dos que intenten valerse.
O laudo arbitral ou resolución que se dicte en dito procedemento, e que pon fin ao mesmo, será plenamente vinculante para ambas partes, podendo solicitar, en caso de non cumplirse voluntariamente o establecido no laudo, a súa execución xudicial, (Artigo 517 da Lei de Enxuiciamento Civil).
Ø Así mesmo é necesario sinalar que, as reclamacións pódense dirixir a outros organismos, que por razón da materia resultan competentes para coñecer do asunto, como por exemplo, á Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, ao Valedor do Cliente da Federación Galega de Caixas de Aforros, etc.
Escola Municipal de Consumo
A Escola Municipal de Consumo creouse coa finalidade de realizar actividades destinadas aos/as consumidores/as e usuarios/as de bens e servizo. Procurando a formación de uns/unhas consumidores/as e usuarios/as consecuentes e críticos, así como promovendo o consumo xusto e responsabel.
Actividades
Os xoves de 11.40 a 12 h en Radio Boiro “Con sumo gusto”. Espazo adicado a tratar temas de interés en materia de consumo no que participa a OMIC de Boiro.
15/12/2010. Celebruse no Centro Social de Boiro unha charla-coloquio baixo o nome de “Navidad & Consumo Responsable”, na que participaron Begoña Urgoiti, Presidenta da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Boiro, Carlos Rodríguez, Presidente da ABE e José Luis Quintela, Director de Intermón Oxfam para Galicia, Asturias e León.