Seguridade Festas do Verán 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra as Festas do Verán 2023 entre o 30 de xuño e o 5 de xullo. Co obxectivo de coordinar a seguridade e organización durante os festexos celebrouse unha xunta de seguridade onde se estableceron os medios e dispositivos especiais con motivo das celebracións.

En canto aos cortes de rúa, para a instalación das atraccións das festas estará cortada para o montaxe, desmontaxe e desenvolvemento dos festexos unha das marxes da Avenida da Constitución no tramo comprendido entre o cruce da Avenida da Avellaneda (rotonda da piscina municipal) e o cruce coa DP-1106 (rotonda de Abanqueiro).

O carril de baixada cortarase todos os días das festas, como norma xeral ás 20.00 horas, podendo producirse os cortes de rúa antes debido á gran afluencia de xente, estando permitido o acceso aos garaxes. O mesmo acontece coa rúa Robustiano Pérez del Rio, que quedará cortada a partir das 20.00h agás para acceso a garaxes, aparcamento municipal e taxis e a Av. de Barraña, onde se desviará o trafico que provén de Cabo de Cruz pola rúa María Mariño a partir das 20.00 horas.

En canto ao tráfico pesado que vén de Cabo de Cruz, non terá permitido o paso polo núcleo urbano polo que tamén se desviará pola rúa María Mariño e Avenida da Avellaneda. A rúa Vimieiro terá un cambio de sentido para o acceso aos garaxes dos edificios da zona e o domingo, con motivo do espectáculo pirotécnico na Av. de Barraña, non se poderá estacionar no tramo da Av. da Avellaneda comprendido entre a Av. Empresario Jesús Alonso e a praia de Barraña.

A parada de autobús situada na Cachada trasládase durante a celebración dos festexos á Avenida da Avellaneda.

O Concello de Boiro reforza o dispositivo de seguridade e emerxencias durante as festas do verán para minimizar as incidencias. A Policía Local contará con servizo 24 horas durante os festexos, contarase coa colaboración da Guardia Civil, o Servizo de Protección Civil e Emerxencias, ambulancia e bombeiros.

Mapas emocionais

Galería de fotos realizadas durante o outono de 2010 en Boiro e que tratan sobre imaxes t& ...
Evento que se celebra cada verano en Cabo de Cruz. Este año 2011 coincide con la Bandera d ...
Visita do gran periodista radiofónico a Boiro.
Actividad deportiva para todas edades organizada por el Concello de Boiro. El objetivo es re ...
Procesión marítima pola costa da parroquia de Abanqueiro. Homenaxe floral aos desap ...
Celebración do antroido organizada pola Asociación de Veciños Río Bre ...
Desgraciados incendios sufridos na serra do Barbanza
Actividades organizadas polo Concello de Boiro o martes de antroido nos aredores da Praza de Gali ...
Acto de entrega de becas a deportistas e subvenciones al deporte 2012. Celebrado el 11 de fe ...
I Torneo de fútbol 7 para veteranos celebrado no complexo deportivo de Vista Alegre en Boi ...
Galería de fotografías de actividades organizadas polo departamento de Cultura do C ...
Desfile de disfraces na Rua Peonil e Prada de Galicia de Boiro. Festa da orella organizada pola a ...
Vista interior  do Pazo e dende a Torre de Goiáns
Vista do interior do bosque atlántico (xunto ca Fragas do Eume, o único que queda e ...
Vista da parcela e o pazo de Goiáns dende o norte. Exteriores e interior do pazo
Imaxes da zona este, bosque atlántico, adegas, mar, etc.

Departamento de Igualdade

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

- Asistencia psicolóxica 

- Asistencia xurídica 

 

Horario e contacto

Asistencia psicolóxica

Luns e martes de 09.00 a 14.00 horas 

Xoves de 15.00 a 20.00 horas 

> cita previa: 669 582 674

 

Asistencia xurídica 

Luns e mércores e venres de 9.30 a 14.30 horas 

> cita previa: 669 582 674

 

Asistencia 24 horas

016 atención vítima maltrato

900 400 273 teléfono da muller

 

Caixa de correo da igualdade 

Cuestionario anónimo e virtual a disposición da veciñanza para achegar ao Centro de Información á Muller de Boiro os problemas detectas en relación coa igualdade de oportunidade entre mulleres e homes e sobre violencias machistas no noso municipio, propostas e suxestión para o IV Plan de Igualdade municipal 2023-2028. 

Accede ao cuestionario AQUI

 

|