Axudas para a mellora da accesibilidad e autonomía de persoas no fogar | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca axudas sociais extraordinarias, financiadas mediante o POS+ adicional da Deputación da Coruña, para facilitar que persoas e unidades de convivencia con escasos recursos poidan realizar actuacións que melloren a accesibiliade e autonomía persoal no fogar, así como apoiar servizos de respiro familiar e conciliación. 

O BOP núm. 128 do 9 de xullo de 2026 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar AQUI

A convocatoria divídese en tres liñas: 

Liña 1. Axudas económicas para a realización de pequenas reparacións ou reformas na vivienda relacionadas coa accesibilidade. 

Liña 2. Adaptación funcional da vivienda para persoas en situación de dependencia.

Liña 3. Servizos de respiro familiar e conciliación da vida laboral e familiar. 

 

As axudas poden cubrir ata o 100% do gasto subvencionable cos seguintes máximos: 

- Pequenas obras de accesibilidade (Liña 1.b): ata 1.800 euros.

- Adaptación funcional do fogar (Liña 2): ata 1.800 euros.

- Servizos de respiro familiar e conciliación (Liña 3): ata 1.100 euros.

 

Actuacións subvencionables

- Substitución dunha bañeira por un prato de ducha accesible.

- Instalación de barras de apoio no baño ou noutras estancias.

- Colocación de pasamáns en corredores ou escaleiras.

- Eliminación de chanzos mediante pequenas ramplas.

- Ensanche de portas para facilitar o paso dunha cadeira de rodas.

- Adaptación do baño para persoas con mobilidade reducida.

- Melloras que permitan un acceso máis seguro á vivenda.

- Pequenas obras destinadas a eliminar barreiras arquitectónicas.

- Substitución de chans, por outros antiesbarazidos.

- Outras medidas físicas ou tecnolóxicas.

 

Prazos

Presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2026 ou ata que se esgote o

crédito dispoñible.

Xustificación dos gastos: antes do 6 de novembro de 2026

 

Máis información 

Departamento de Política Social do Concello de Boiro (2º andas da Casa Consistorial do Concello de Boiro) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

|