Programación cultural Nadal 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro programa para o Nadal 2025 propostas lúdicas e actividades pensadas para os mais cativos e que contemplan tamén os festivais das asociacións culturais do municipio.
Esta programación complementase coas propostas que leva a cabo a ABE no marco da campaña “Boiro, corazón do Nadal” que se vai desenvolver entre o 10 de decembro e o 3 de xaneiro e que buscan incentivar as compras no comercio local.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
- Actividades
Domingo 14 de decembro, 17.30h – local multiusos do Mercado Municipal | Paco Nogueiras. “C@nto contigo”
Sábado 20 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Dani García. “Maxia entre liñas”
Venres 26 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Charo Pita. “A familia papaventos”
Sábado 27 de decembro, 18.00h - local multiusos do Mercado Municipal | Luis Vallecillo. “Neofalante!”
Luns 29 de decembro, 16.00h – Praza de Galicia | Teatro Circo Danza. “Deixar”
Martes 30 de decembro, 19.45h - local multiusos do Mercado Municipal | concerto Versionettes
Domingo 4 de xaneiro | As Raíñas Magas visitan as parroquias
Luns 5 de xaneiro | Gran Cabalgata de Reis
- Festivais
Domingo 14 de decembro, 17.00h –Abanqueiro | Asociación Cultural de Abanqueiro
Domingo 14 de decembro, 17.30h – pavillón da Cachada | Xilbarbeira
Domingo 21 de decembro, 18.00h – pavillón da Cachada| Cen Pliés
Domingo 21 de decembro, 18.00h – Casa dos Veciños Cespón | Abeloura
Domingo 28 de decembro, 18.00h – Pavillón da Cachada | AC Pedra da Aroña
