Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 29 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro de 2026. 

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinario do 18 de decembro de 2025.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 14 de xaneiro de 2026.
  3. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026.
  4. Aprobación da modificación dos estatutos da mancomunidade da Ría de Arousa Zona Norte (Barbanza Arousa). 

Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 27 o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro.

A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión do 23/10/2025
  2. Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal nº28
  3. Aprobación inicial do regulamento de funcionamento e réxime interno do coworking e do viveiro de empresas “Lab Barbanza” do Concello de Boiro.
  4. Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista.
  5. Moción presentada polo grupo municipal de Boiro Novo para completar a terceira fase do saneamento de Coroño.
  6. Moción presentada polo grupo municipal do PP para a modificación da ordenanza fiscal reguladores do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)
  7. Moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia.

Pleno ordinario do 18 de decembro de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 18 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión terá lugar ás 20.00 horas e poderase seguir en directo a través da canle municipal de YouTube.

Orde do día da sesión:

  1. Aprobación da acta da sesión plenaria do 27 de novembro de 2025
  2. Bonificación do imposto sobre construcións para a execución das obras destinadas á rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín.
  3. Convenio interadministrativo de cooperación entre o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña co obxecto de habilitar a posibilidade de encomendar a xestión material da selección do seu persoal funcionario interino para postos de arquitecto/a e arquitecto/a técnico/a a esta Deputación.
  4. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para regular o servizo de cobro da factura do subministro do abastecemento de auga.

APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de novembro de 2025 | Concello de Boiro

O Pleno do Concello de Boiro, en sesión extraordinaria realizada o 27 de xullo de 2023, acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM, que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.

O artigo 20 do ROM faculta ao alcalde por propia iniciativa e por causa xustificada para variar o día ou a hora nalgunha sesión, comunicándoo aos interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible, tendo sempre en conta a dispoñibilidade de todos os membros da Corporación para facilitar a súa asistencia. 

Tendo en conta a necesidade de rematar a tramitación de expedientes administrativos, coa imposibilidade de que dita tramitaciónsexa completada coa antelación suficiente para que os/as concelleiros/as da corporación poidan examinalos de forma axeiteda resolvese ADIAR de maneira excepcional a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro para o xoves 27 de novemebro de 2025

|