Pleno ordinario do 26 de xuño de 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra este xoves día 26 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xuño de 2025. A sesión terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación da acta da sesión plenaria do 15/05/2025
- Aprobación definitiva do orzamento 2025
- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira”
- Declaración especial interese e utilidade obras de construción dun peche perimetral de Amicos.
- Póliza de crédito, obra denominada Rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro.
- Suplemento de crédito 2/2025
- Moción do grupo municipal Boiro Novo para a promoción de vivendas de protección oficial e outras medidas para facilitar o acceso á vivenda.
