Pleno ordinario do 28 de xullo de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves o Pleno ordinario correspondente o mes de xullo, que terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube municipal. 

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame sobre a declaración institucional en materia antifraude.
  2. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira”.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 1/2022, e modificación das bases de execución orzamentaria número 2/2022 (subvencións nominativas a entidades).
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 2/2022 financiado co remanente de tesourería para gastos xerais (subvencións de concorrencia deportes).
  5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 3/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (adquisición dun vehículo eléctrico para Policía Local).
  6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 4/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (obra de construción da cuberta do pavillón municipal da Cachada).
  7. Aprobación inicial, se procede, do ditame do suplemento de crédito 1/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (financiamento da execución do proxecto para modernización do centro comercial aberto, cofinanciado con fondos Next Generation).
  8. Ratificación, se procede, previa declaración de urxencia da inclusión na orde do día da proposta de alcaldía relativa á aprobación do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – LAB Barbanza 2.0” e solicitude de subvención á Deputación provincial.
  9. Moción do grupo municipal popular en relación á transferencia da competencia sobre a xestión do dominio público marítimo-terrestre.
  10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a mellora na atención primaria e no servizo de pediatría.
  11. Moción de Boiro Novo para instar á Xunta de Galicia a construción dun pantalán de acceso ao mar para o uso do Club de Remo de Cabo de Cruz.

 

|