Pleno ordinario do 10 de marzo de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 10 o Pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.

A sesión terá lugar ás 20.00h no Salón de Plenos da Casa Consistorial e poderase seguir en directo vía streaming a través da canle de YouTube municipal.

 

Orde do día da sesión:

  1. Toma de posesión de Dna. Denis González Maneiro.
  2. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
  3. Aprobación, se procede, do ditame de rectificación do erro de feito do acordo adoptado polo pleno en sesión ordinaria celebrada o 9 de febreiro de 2022, relativo ao POS+2022
  4. Aprobación, se procede, do ditame para a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
  5. Aprobación, se procede, do ditame da moción de Boiro Novo para que as entidades bancarias presten unha atención adecuada ás persoas maiores e a consumidores vulnerables.
|