Pleno Ordinario do 13 de maio de 2021 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves 13 de maio de 2021, ás 20:00 horas, o Pleno Ordinario correspondente ao mes de maio.
A sesión vaise celebrar de xeito presencial no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Debido á situación sanitaria non se vai permitir a asistencia de público pero a sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.
Pleno Ordinario do Concello de Boiro do 13 de maio de 2021.
Orde do día:
- Aprobación da acta da sesión plenaria do 21 de xaneiro de 2021
- Aprobación da acta da sesión plenaria do 3 de febreiro de 2021
- Aprobación da acta da sesión plenaria do 11 de marzo de 2021
- Toma de posesión do concelleiro D. José Antonio García Castro
- Incoación do expediente de desafectación da escola unitaria de Escarabote e das vivendas dos mestres de Praia Xardín.
- Designación de sete compoñentes do Consello Escolar Municipal
- Incoación de expediente de investigación de oficio sobre a posible existencia dunha vía pública en Esteiro.
- Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos do expediente de recoñecemento extraxudicial de aprobación de varias facturas das OPAS 2020.
- Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á autonomía financeira de Galicia.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre a transferencia da autoestrada AP-9 a Galicia.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre as mobilizacións feministas do 8 de marzo.
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o Plan de rescate para os sectores da hostalaría e o turismo.
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o día internacional das mulleres
- Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a política do goberno galego en relación co seu financiamento aos concellos do servizo de axuda no fogar.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre o futuro do sector financeiro en Galicia.