Pleno ordinario do 23 de xullo de 2020
O Concello de Boiro celebra o vindeiro 23 de xullo sesión plenaria ordinaria no salón de plenos da Casa Consistorial de Boiro.
A orde do día da sesión é a seguinte:
1. Aprobación, se procede das actas das sesións plenarias do 17/06/2020 e do 18/06/2020
2. Toma de posesión da concelleira Dª. Paula García Alcalde.
3. Convenio entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias e o Concello de Boiro para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC)
4. Modificación do regulamento municipal de animais domésticos e animais salvaxes en catividade.
5. Moción do grupo municipal Ciudadanos en relación á fenda dixital
6. Moción do grupo muicipal IC Boiro relativa á instalación de placas solares en edificios públicos.
A sesión plenaria pode visualizarse a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.