Cabalgata de Reis 2025 | Concello de Boiro
Ddebido ás previsións meteorolóxicas para o domingo 5 de xaneiro, o Concello de Boiro e a Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón cancelan a tradicional Cabalgata de Reis que percorre o municipio.
As SSMM os Reis Magos de Oriente participarán nunha Recepción Real que terá lugar o domingo 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas no pavillón da Cachada e que contará con chocolatada e animación musical a cargo de DJ Matrek.
Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o sábado 4 de xaneiro durante todo o día:
11.30h - Abanqueiro (Centro Social)
12.30h - Cespón (Casa dos veciños)
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso)
16.00h - Macenda (Campo de Golf)
17.00h - Cures (Centro Social)
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social)
20.00h - Boiro (pavillón da Cachada)