Bolsas a deportistas federados 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para deportistas federados do municipio de Boiro.
O BOP núm. 179 do 19 de setembro de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI.
Publicada a relación provisional das bolsas a deportistas federados (05/11/2025), que se poden consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e relación definitiva das bolsas a deportistas federados (03/12/2025), que se poden consultar aqui.
Requisitos
- Estar empadroado/a en Boiro.
- Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2024.
- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria.
- Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos:
· campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior.
· convocatorias das seleccións galega e española.
· probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos.
· campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade.
- Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 22/09/2025 e durante un período de 10 días hábiles.
As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Máis información
Departamento de Deportes (Edif. das Colonias de Praia Xardin)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
