Proceso selectivo: peón forestal (APROL 2023)

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro. 

O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre. Bases da convocatoria AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas (18/05/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (23/05/2023), que se pode consultar aqui.

Publicados os resultados das probas e proposta de contratación (29/05/2023), que se pode consultar aqui

Prazo de presentación de alegacións ata o 31/05/2023.

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade maxima de xubilación forzosa. 

- Posuír as capacidade e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións. 

- Ser persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) como demandante. 

- Non ter sido contratada por período superior ou igual a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2022.

|