Proceso selectivo: técnico superior en xestión forestal (APROL 2023)
O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación dun técnico superior en xestión forstal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro.
O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral e durante 9 meses.
O sistema de acceso será mediante oposición libre. Bases da convocatoria AQUI.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas (18/05/2023), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados da probas (25/05/2023), que se poden consulta aqui.
O tribunal acorda un prazo de alegacións ata o 29/05/2023.
Requisitos das persoas candidatas
- Pertencer a calquera dos estado asinantes do Tratado da Unión Europea.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a de xubilación forzosa por idade.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo.
- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade.
- Acreditar estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente.
- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego (SEPE) como demandante.
- Non ter sido contratada por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2022.