Proceso selectivo: arquitecto/a (funcionario/a de carreira)
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a (funcionario/a de carreira) pertencente á escala de administación especial da subescala técnica superior do subgrupo A1.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.
O Boletín Oficial da Provincia núm. 237 do 16 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria.
O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria.
O DOG núm. 8 do xoves 12 de xaneiro de 2023 publica o anuncio da convocatoria.
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, que se pode consultar aqui.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitude será de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A presentación de solicitudes debe facerse a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Requisitos das persoas aspirantes
- Estar en posesión da titulación habilitante para o desenrolo da profesión de arquitecto/a
- Posuír a nacionalidade española
- Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Posuír capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para ao desempeño das funcións ou tarefas.